VILANOVA> A parroquia vilanovesa de Baión volveu viaxar ao pasado esta fin de semana. 25 oficios tradicionais déronse cita na oitava edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro.
A programación incluíu representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro. Todo nun ambiente festivo, con distintas propostas musicias e procurando a implicación da rapazada e mocidade para que nunca nos esquezamos de onde vimos.
A proposta completouse cunha exposición de ferramentas, xogos populares e unha andaina da Santa Compaña.











