Vilanova apura ás obras de acceso ó Polígono Industrial de Baión

    VILANOVA>O Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, volveu a falar hoxe do Polígono de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/gonzalo_duran_proxecto_baion.flv{/flowplayer}

     Aseguran que este chan industrial segue a ter pretendentes, o que acontece é que neste momento as empresas non dan recadado apoio financeiro para ampliar os seus negocios. Durán asegurou que esta infraestructura adoece dunha grave carencia: un acceso que permita a entrada e saída a vehículos longos e a productos voluminosos. A actuación precisa está a piques de ser rematada, só falta a fase de asfaltado.

    Toda esta adecuación, que está sendo acomentida con medios e recursos provinciais, supuxo unha inversión de máis de 300.000 da Deputación de Pontevedra.

    Á súa vez, o Concello de Vilanova está a facilitar as tarefas de desmonte dun noiro de vinte metros de altura que separa o ramal do Porto do Polígono Industrial. Unha vez que rematen os traballos do movemento de terras aproveitarán este espazo nunha nova zona verde.

    Redacción Salnés