En morte cerebral a grovense ferida o venres no sinistro da Vía Rápida

    accidentegrove.jpg O GROVE> Martina Caneda, de 28 anos, foi trasladada de Montecelo ó Xeral Cíes de Vigo por contar este con unidade de Neurocirurxía.

    Seguimos pendentes da evolución dunha das mozas que resultou ferida de gravidade este venres tralo accidente que se producía pola tarde na Vaía Rápida do Salnés. Falamos da grovensa Martina Caneda, de vinte e oito anos que despois do sinistro foi trasladada ó hospital pontevedrés de Montecelo con graves politraumatismos. A moza rexistrou nas últimas horas un empeoramento no seu cadro clínico e fontes consultadas por esta cadena aseguran que a rapaza se atopa en morte cerebral. Por esta razón, os facultativos decidiron trasladala ó Hospital Xeral Cíes de Vigo por contar este centro con unha unidade de Neuricirurxía na que poder tratar de xeito específico a súa patoloxía.

    Lembramos que a ferida tivo que excarcerada do vehículo que conducía logo de colidir con outro turismo conducido por unha veciña de Vilagarcía de trinta e un anos que resultou tamén ferida pero con carácter leve.

    Este choque producíase poucas horas despois de que outra veciña do Grove de sesenta e catro anos perdera a vida no mesmo punto, despois de envorcar o vehículo que conducía. 

    Por outra banda o concello de Sanxenxo vén de comunicar que o proxecto de desdobramento deste vial anunciado hai uns días pola consellería de Infraestruturas poderá consultarse a partir de mañá na casa consistorial.

    Redacción Salnés