VILAGARCIA> Vilagarcía e Fundivisa volverán colaborar para formar a 15 desempregados na especialidade de operadores de pulido e reparación de hélices e pas. Durante preto de tres meses, os traballadores recibirán unha formación práctica e teórica na empresa. O convenio ten un compromiso de contratación por parte da compañía, de ao menos un 30% dos participantes.
O concello de Vilagarcía e Fundivisa levan dous anos colaborando para formar a persoas desempregadas. Unha colaboración que resulta exitosa e que leva a ambas partes a renovar o seu convenio. Nesta terceira edición, a empresa especializará a 15 participantes como operadores de pulido e reparación de hélices e pas.
A formación terá unha duración de arredor de dous meses con clases teóricas e prácticas. O convenio ten unha obrigatoriedade de contratación por parte da empresa dun 30% dos participantes, conseguindo así man de obra cualificada.
Aínda que non se contrate a todos os participantes, esta formación abriralle as portas a outras empresas do sector.
Ante o éxito destes convenios, o concello xa traballa con outras empresas, incluído doutros sectores, para poder realizar máis formacións coma esta.