A música urbana será a protagonista en Vilagarcía coa primeira edición da Lonxa do Ritmo

VILAGARCIA> A música urbana terá o seu espazo en Vilagarcía coa celebración da lonxa do ritmo. Un novo evento que nace na vila para os amantes deste xénero musical, principalmente a xente moza. O concerto celebrarase o día 28 coas actuacións de Love Yi, Tekilas e Iaghost.

O concello de Vilagarcía destaca nos últimos anos pola súa grande e variada oferta musical con numerosos festivais. A esta programación súmase agora A Lonxa do Ritmo. Un evento que se centrará na música urbana.

Precisamente a xente moza será a protagonista tanto pola música urbana como polas actividades que irá desenvolvendo a organización.

O festival terá lugar o vindeiro martes 28. O artista principal do evento será Love Yi.

A programación complétase coas actuacións dos artistas galegos Tekilas e Iaghost.

A organización puxo á venda 550 entradas das 750 do máximo de ocupación da praza da peixería. Con este número reducido e coas medidas sanitarias, garántese a seguridade sanitaria dos asistentes. As entradas xa están á venda a través de woutikc.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí