Inaugúrase a XI Festa de Exaltación da Vieira de Cambados

    CAMBADOS> Esta mediodía inaugurouse en Cambados a Festa de Exaltación da Vieira; unha homenaxe…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_festa_vieira.flv{/flowplayer}

    … a un dos productos máis típicos e representativos de Cambados, amais do Albariño. Neste undécima edición púxose de manifesto a consolidación desta celebración grazas á excelencia dos productos do país. E é que este producto tan característico da Arousa ten unha fama mundialmente coñecida. Ó seu prezado sabor temos que incluír a esmerada organización dun sector do que viven directamente máis de duascentas familias da Arousa. Agora afondan na súa imaxe de marca e no proceso comercializador baixo a marca Porto de Cambados e o marchamo de calidade autonómico Pesca de Rías.

    A calidade deste producto non ten nada que ver co seu prezo: por só oito euros os comensais que se acheguen durante esta fin de semana ata esta carpa situada no Paseo da Calzada poderán degustar 2 vieiras na súa cuncha a 8 euros; amais doutros petiscos ben bos.

    Moitos hostaleiros locais tamén colaboran directamente ca festa argallando menús degustación a base de vieiras. Moitos turistas xa aproveitaron esta mediodía para probar a vieira da Arousa, moitos deles por primeira vez. Deste xeito, os turistas axudarán a pregoar as excelencias dos productos das Rías Baixas nos seus países de orixe. E é que, aínda que pareza mentira, hai quen aínda non probou a vieira, e o que é peor, non sabe o que se perde.

    Redacción Salnés