O prestixioso crítico de viño Neil Martin cata 200 viños Rías Baixas

    fotoneilcopia.jpgPONTEVEDRA> A guía Wine Advocate, considerada case como a Biblia do viño, chegou esta semana ás Rías Baixas, da man dun dos críticos máis influíntes do mundo.

    {flowplayer}images/salnes/NeilMartinMugartegui.flv{/flowplayer}

    Viña coa intención de catar 140 viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, pero finalmente foron máis de douscentos os que puido coñecer. Neil Martin ven representando á guía Wine Advocate de Robert Parket unha das guías con máis prestixio no sector do viño. Ademais, Martin é un dos críticos máis influíntes do mundo, e o seu blog “Diary of a Wine Writer”, diario dun escritor de viño, conta con máis de cen mil lectores. Dos viños Rías Baixas, destaca a presenza atlántica.

    Ademais de catar estes viños, Neil Martin tamén aproveitou a súa visita para achegarse ós viñedos e ás adegas e coñecer máis de preto o seu funcionamento e as súas caracterísitcas. Outro factor que destacou é a relación dos viños Rías Baixas coa gastronomía da nosa zona, unha maridaxe perfecta.

    Aínda é cedo para falar das puntuacións que recibirán os viños, pero o que si sabemos é que os que sairán reflectidos na guía serán os que superen os oitenta e cinco puntos e que é probable que haxa varios que superen bastante os noventa.

    A falta de coñecer o informe final e de ver se algún dos nosos caldos acada unha boa posición no ránkin, polo de agora Martin déixanos unha pequena queixa, Rías Baixas é moi difícil de pronunciar.

    Redacción Salnés