Novos afectados polas preferentes, desta volta de Repsol no BBVA

    VILAGARCIA> José Luís Millán Barreiro e María Dolores Coira Luna son dous veciños de Vilagarcía que depositaron os seus aforros…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_preferentes_bbva.flv{/flowplayer} .

    .. de ducias de anos traballando na diáspora na sucursal que o BBVA ten na Praza de Galicia, en Vilagarcía. Aquí, segundo denuncian, aconselláronlle meter os cartos nunhas participacións preferentes da Compañía petroleira Repsol; un producto seguro e sen risco, que podía ser cancelado dun día para outro.

    Trala publicación dos crecentes casos de afectados polas preferentes de Novagalicia Banco comezaron a interesarse polos pormenores deste producto que contrataron sen coñecer en profundidade, simplemente asegurados polos asesores do seu banco de confianza de toda a vida. Cando se deron conta tiñan varias ducias de miles de euros metidos en participacións preferentes cas que perderán nos últimos meses arredor dos 7.500 euros.

    Estes afectados están xa pensando en denunciar este caso ante a xustiza, trala resolución favorable do veciño de Meaño afectado polas preferentes de Novagalicia Banco que coñeciamos fai escasos días. Para eles, os asesores bancarios serían responsables desta estafa posto que o estaban enganado a sabendas. Agora alertan a outros posibles usuarios bancarios que revisen os productos contratados posto que pode haber aínda afectados que non estean enterados do risco destes productos. Aínda máis, José Luís denuncia a pasividade desta oficina 639, na que ante a súa necesidade lle ofreceron como única solución un crédito que podería pagar só o primeiro ano co rendemento das preferentes.

    Tras preguntar como farían cos intereses unha vez que pasaran os 12 primeiros meses responderon que “daquela ata mesmo podía afundirse a terra”. Estes afectados ameazan con mobilizarse de forma permanente á porta desta sucursal ata que lles dean unha solución.

    Redacción Salnés