As fortes choivas desta noite asolagaron varios inmobles

    inundacin_100_110108.jpgCATOIRA > As fortes choivas desta noite causaron cuantiosos desperfectos en casas do lugar Casal de Mogos de Catoira.

    inundacin_200.jpgO inmoble máis afectado foi este baixo do número 46 A, propiedade de María del Mar Bardón. Esta veciña de Catoira levantouse pasadas ás 3.15 da amencida a comprobar o estado do seu baixo, posto que non era a primeira vez que se asolagaba. Unha vez alí, intentou sacar o coche pero a auga que entraba fortemente en tromba, logo de derribar os dous portais da vivenda; non llo permitiu. O baixo chegou a albergar ata 2 metros de altura; e fixo que o coche aboiase ata bater co teito.

    A auga da riada afectou tamén moitos outros aparellos que a familia tiña dispostos neste garaxe; como un conxelador ou unha calefacción. A auga tamén ciscou ós 1.000 de gasóleo que acaban de encher na caldeira da calefacción; polo que agora existe un forte cheiro no interior da vivenda, que vai a obrigar a esta familia a desaloxar a súa filla pequena a casa duns familiares esta noite.

    A culpa destes asolagamentos que afectan a varias vivendas dende o ano pasado débese a unha conxunción de actuacións: logo dos incendios, cortáronse indiscriminadamente ás árbores que podían servir de contención; ademais fixéronse outros movementos de terra no monte próximo e, aínda por riba, as obras de asfaltado da pista que transcorre por diante destas vivendas non ten recollida de augas soterrada.

    Agora este veciños séntense indefensos posto que ninguén se quere facer responsable nin deste asolagamento, nin dos dez anteriores que sucederon o inverno pasado. Tanto o Concello como a comunidade de montes sinálanse mutuamente como responsables do acontecido; e o seguro da casa non se fai cargo dos danos. Mentres tanto, estes veciños non teñen outra solución polo de agora que inutilizar o baixo para evitar que esto volva a pasar e afrontar cos seus aforros os danos causados.

     O TEMPORAL NO SALNÉS

    temporal200_110108.jpgA noite de choiva e vento deixou na Comarca do Salnés imaxes como a que van a ver de seguido. No concello de Meis, o maior susto foi para os propietarios deste establecemento comercial dedicado ó cabalo. Esta madrugada as fortes rachas de vento, que chegaron a acadar os cen quilómetros por hora, arrancaron a uralita do tellado e derrubaron parte das paredes do inmoble.

    Dáse a casualidade que este mesmo comercio foi un dos afectados nas primeiras inundacións que houbera no outono de 2006. Os servizos de Protección Civil da Xunta e dos concellos seguen en alerta, ó igual que os bombeiros e os Grumir. Retirada de árbores caídos, sinais ou contedores da vía pública foron as principais actuacións.

    {flowplayer}images/salnes/garaxeinundado.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés.