¿Onde están os 30.000 euros do restaurante La Sirena?

    sirena100.jpg VILANOVA> A familia Alfonso Leiro asegura que os depositou hai un ano no xulgado. O concello di non ter aínda constancia deste ingreso.

    {flowplayer}images/salnes/gonzalo_sirena220212.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Vilanova asegurou hoxe que no Concello non hai constancia do ingreso de 30.000 euros por parte da familia Alfonso Leiro, propietaria do restaurante La Sirena, ata hai dous anos. Os antigos propietarios aseguraron que en abril do pasado ano ingresaron a cantidade que se lle reclamaba desde o xulgado para facer fronte ós gastos de derribo do inmoble, situado en primeira liña de praia nas Sinas. O avogado da familia, Miguel Piñeiro, indicou ademais que en xuño de 2011 hai unha resolución xudicial para devolver esa cantidade ó Concello. O rexedor indicou hoxe que non sabe se o diñeiro está no xulgado, pero si que nunca entrou no Concello.

    O Concello de Vilanova ten desde hai ano e medio as chaves do restaurante La Sirena, ó gañar o pleito que mantén desde hai anos por estas instalacións coa familia da edil do BNG, Carmela Alfonso. Durán aclara que non foi el que iniciou esta contenda xudicial, se non o ex alcalde socialista Manolo Dios.

    O avogado do familia Alfonso Leiro pídelle ó alcalde que pregunte e busque ben ese diñeiro, e que se ten algunha dúbida lles ensinarán toda a documentación que acredita o pago. Insiste en que esta familia non debe nada ó Concello vilanovés, e lembra que este si ten pendente de pago as costas pola célebre demanda que perdeu polas facturas da comida do Mexillón.

    Redacción Salnés