A CIG reclama a Guerra que cumpra o compromiso con Alfageme

    VILAGARCIA> A Confederación Sindical Galega, a CIG, ven de expresar a súa alegría contida tras coñecer…

    {flowplayer}images/salnes/cig_alfageme_180712.flv{/flowplayer}

    … o auto da Audiencia Provincial de Pontevedra que ven de quitar a razón á familia Lago sobre o conflicto da industria Conserveira Alfageme. Unha vez que o xuíz dictou esta sentencia recorrible é a Xunta de Galicia a que debe actuar para evitar que se perdan os postos de traballo e as unidades productivas de Vilaxoán e Ribadumia, no Salnés.

    A CIG asegura que conta co compromiso do Conselleiro de Economía e Industria de liberar os avais bancarios para que o grupo cántabro El Consorcio poida escriturar o documento de compravenda de Alfageme, para asegurar a súa continuidade. Como o Conselleiro está de visita por Sudamérica, terán que agardar ata este venres para intentar comunicarse con él.

    Este sindicato pide maior axilidade na resolución deste conflicto; de feito xa pediran fai quince días unha reunión co titular de Industria para acurtar os prazos. Fixan o xoves 26 deste mes como data límite para que a Xunta aprobe no Consello esta liberación de avais; en caso contrario, corren o risco de que os administradores concursais executen o auto de liquidación, vendendo por partes a empresa ó mellor postor.

    A CIG pide pois unha reunión co departamento autonómico canto antes co fin de encarrilar a solución a este problema que xa leva consigo tres anos de loita.

    Redacción Salnés