![]()
VILAGARCIA> Rafael, Celtas Cortos ou as Nancys Rubias serán as actuacións estelares das Festas de San Roque en Vilagarcía;
{flowplayer}images/salnes/ptac_concertos_san_roque_180712.flv{/flowplayer}
…uns festexos que intentará compaxinar a austeridade que esixen os tempos actuais ca programación que merece unha festa de interese turístico nacional.
A parte dos concertos, San Roque volverá a contar cas actividades que tanto éxito tiveron en ocasións anteriores ca diferencia en que este ano se espallarán polo núcleo urbán, aproveitando a creación das novas rúas peonís e a dinamización do espacio de Fexdega.
O Goberno local entende que esta é unha programación realista e ambiciosa, da que aínda faltan por concretar actividades, horarios e datas; e algún que outro detalle como a ubicación das atraccións. Aínda que de novo este ano, o epicentro destes festexos será a tradicional e mundialmente coñecida Festa da Auga trala procesión de San Roque.
Redacción Salnés








