Coello: ‘Non hai crispación, as manifestacións son democráticas’

    fotopoliciacopia.jpgPONTEVEDRA> Así o dixo o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, no acto que se celebrou con motivo do Día da Policía.

    {flowplayer}images/salnes/DiaPolicia.flv{/flowplayer}

    A celebración do día dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional reuniu nun gran acto na sé de Nova Caixa Galicia, en Pontevedra, ós máis altos cargos policiais e tamén políticos na provincia. Un día de celebración no que destacar a labor sobre todo daqueles que xa non están ou que están retirados e que dedicaron a súa vida a esta profesión.

    Con respecto ó papel da policía nos últimos tempos sobre todo se nos referimos ó aumento de grandes mobilizacións e ás mostras cada vez máis evidentes de enfado por parte da poboación, o subdelegado asegura que non se trata de crispación, se non de manifestacións perfectamente democráticas e non considera que a imaxe do corpo resulte danada polas últimas actuacións.

    Con respecto as manifestacións durante a campaña electoral dixo Coello, que non é á Policía á que lle corresponde decidir se se permiten ou non, se non que se trata dunha decisión da xunta electoral e que o que eles teñen que facer e trasladalo e cumprir as ordes. Tamén respondeu o subdelegado ás preguntas sobre a rebaixa das condicións salariais dos policías, no que fixo referencia á solidariedade.

    Redaccion Salnés