POIO> Non ten problemas de desgaste nin vibracións e é un setenta por cento máis barata que as que están no mercado.
{flowplayer}images/salnes/ESCULTURA_CANTEIROS.flv{/flowplayer}
Oito especialistas en skate foron os encargados de comprobar a idoneidade desta pista en granito para a práctica dun deporte urbano que cada vez gaña máis adeptos. A escola de canteiros da Deputación de Pontevedra foi a encargada de deseñala. Unha infraestrutura adaptada a monopatín e bicicleta que contaría con varias vantaxes fronte ás actuais de metal ou madeira.
Esta primeira pista instalarase no concello do Grove aínda que desde a Deputación aseguran que son moitas as demandas que teñen doutros concello para contar con infraestruturas deste tipo. Un dos motivos desta elevada demanda sería tamén o custe. Segundo o presidente provincial, un setenta por cento inferior a outras pistas das mesmas características pero en metal.
O SK8PARK conta cos elementos básicos para a iniciación na práctica do skate, dificultade media e adestramento, aínda que desde a Escola de Canteiros aseguran que estarían en condicións de seguir complementando os elementos para deseñar pistas con maior grao de dificultade.
Redacción Salnés