O L’Illa Grau foi máis equipo que o Náutico Boiro

    BOIRO> O conxunto castellonenese vencía con toda solvencia por tres sets a cero na liguiña de ascenso á Superliga, a máxima competición do volei a nivel nacional. O pavillón da Cachada foi escenario este sábado do terceiro encontro do playoff polo ascenso á Superliga, a máxima competición do voleibol a nivel nacional. Na cancha enfrontábanse o equipo local, o Náutico Boiro Voleibol e o L’Illa Grau de Castellón. Ou o que vén sendo o mesmo segundo clasificado contra primeiro nesta fase de ascenso. O conxunto visitante mostrouse moi superior e dominou con solvencia un choque, que rematou cun marcador de cero a tres, con parciais de 15-25 no primeiro set, 20-25 no segundo e 21-25 no último e definitivo. Os castellonenses amplían así a diferenza contra un dos seus perseguidores, dando ás claras que son os máximos favoritos ó ascenso. Un feito que se podería mesmo consumarse na próxima xornada. De vencer no seu enfrontamento ó Intasa San Sadurniño convertiríanse en novo equipo da Superliga 1. Os boirenses renderán visita ó Sant Pere i Sant Pau, terceiro clasificado, cun punto menos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí