Ribeira conmemora o Día do Orgullo con tres días de celebracións

RIBEIRA> Ribeira súmase tamén á celebración do Día do Orgullo. O Concello decidiu organizar este ano unha serie de actividades para conmemorar esa data que inclúen unha ‘holi party’ e un concerto de homenaxe a Queen.

A edil de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Barreiro, e a directora do CIM, María Dolores Crujeiras, foron as encargadas de presentar a programación deseñada para conmemorar o Día do Orgullo. O programa iniciarase o propio martes 28 de xuño cun acto institucional no salón de plenos á unha da tarde con pregón a cargo da escritora Mercedes Barreiro.

Xa na fin de semana, o venres 1 de xullo, ás sete da tarde, no Paseo do Malecón, haberá tamén unha ‘Holi Party’ para tódolos públicos que incluirá tamén unha sesión musical a cargo de dous dj´s.

Aínda así un dos pratos fortes do cartel terá lugar o sábado 2 de xullo coa actuación no Malecón de Remember Queen, unha das máis prestixiosas bandas tributo a este mítico grupo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí