Celébrase con éxito a 14ª edición dos Premios Concello de Ribeira

    premiosconcelloribeira.jpgRIBEIRA> Na gala premiouse á Cruz Vermella de Ribeira, a Quico Cadaval e ó arquitecto británico David Chipperfield.

    {flowplayer}barbanza/galapremiosconcelloribeira.flv{/flowplayer}

    O concello de Ribeira celebrou onte domingo a gala de entrega dos seus premios institucionais que, nesta décimo cuarta edición, recaeron en Quico Cadaval na categoría de Cultura, Cruz Vermella de Ribeira polo Traballo Desinteresado, e ó arquitecto británico David Chipperfield polo Traballo Ben Feito. Á gala asistiron máis de 150 persoas, entre eles, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o alcalde Manuel Ruiz, a presidenta das Amas de Casa, entidade que colabora na organización, Magdalena Bringas, así como os rexedores de Boiro e A Pobra, Xoán Xosé Dieste e Isaac Maceiras, respectivamente.

    Entrega galardóns

     A primeira en recoller o galardón, na modalidade de Traballo Desinteresado foi Ángeles Cores, como presidenta de Cruz Vermella. O segundo dos premiados, no apartado de Cultura, foi polifacético artista Quico Cadaval, que durante a súa intervención levantou as gargalladas do público asistente á gala. O último dos galardoados foi afamado arquitecto británico David Chipperfield, na categoría de Traballo Ben Feito, que ofreceu ós asistentes unhas verbas en inglés que se encargou de traducir a súa muller Evelyn.

    Redacción Barbanza