O concello da Pobra do Caramiñal únese á compostaxe

POBRA> Nas próximas semanas ten previsto distribuír cincuenta composteiros individuais de xeito gratuíto entre a veciñanza. Para esta primeira fase de implantación elixiuse a zona do Xobre, aínda que a intención do goberno local pasa por estendela nun futuro a máis zonas do municipio.

O proxecto posto en marcha dende a concellería de Medio Ambiente ten unha dobre finalidade, xa que ademais do aspecto medioambiental, suporá un importante aforro para as arcas municipais coa redución da carga de residuos sólidos urbanos que se depositan nos colectores.

Nesta primeira fase distribuiranse un total de 50 composteiros individuais, dous comunitarios e un para un colexio.

Para esta primeira fase do proxecto, o Concello decidiu levar a cabo unha experiencia piloto na zona do Xobre. Trátase dun primeiro chanzo, que se extenderá nos próximos meses a outras zonas do municipio.

Aquelas familias que queiran participar no programa poderán realizar a inscrición no propio Concello ou solicitar máis información a través do teléfono 981- 84 32 81.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí