CAMBADOS> Así o avanzou o xefe territorial de Educación durante a visita do conselleiro Xesús Vázquez ó CEIP Antonio Magariños.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_EDUCACION_MAGARINOS.flv{/flowplayer}
Concluída a primeira fase das obras de mellora no colexio Antonio Magariños, o conselleiro de Educación Xesús Vázquez visitou o centro para comprobar o resultados dos traballos. A remodelación incluíu unha das peticións máis demandadas desde había anos pola comunidade educativa: a creación dun comedor escolar. Este curso xa houbo cativos que estrearon o servizo. Este mailas novas instalacións da biblioteca, que se ampliou e dotou dunha aula polivalente e un lucernario para aproveitar a entrada de luz natural.
A última das novidades introducidas no Magariños estrearase o vindeiro curso, cando o colexio pasará a ser un dos 145 novos colexios que contarán este ano co programa Abalar, para a introdución das novas tecnoloxías nas aulas.
Durante a visita, o conselleiro estivo acompañado, entre outras autoridades, polo xefe territorial de Educación en Pontevedra. César Pérez asegurou que o seu departamento estudará a posibilidade de ampliar outros centros na comarca, como o Julia Becerra de Ribadumia ou o Torre Illa.
Redacción Salnés