Aberto ao público o novo aparcadoiro da Illa das Goritas

    CAMBADOS> Xa está aberto o novo aparcadoiro da Illa das Goritas, en Cambados. A superficie ofrece 87 novas prazas de aparcamento, que se realizaron grazas a un investimento de 52 mil seiscentos  euros de Portos de Galicia.

     

    Habilitando esta superficie de 2.200 metros cadrados, Portos atende á reclamación de profesionais do mar e de veciños do entorno. O espazo conta cun vial central e outro complementario para facilitar a circulación de vehículos e peóns. O proxecto contempla, ademais, que os espazos laterais se destinen a zona verde. Na comprobación do remate da intervención, o presidente de Portos de Galicia estivo acompañado por Luis Aragunde, exalcalde de Cambados, e por José Ramón Abal, líder de Cambados Pode e membro do actual goberno. José Juan Durán agradeceu o labor de Aragunde durante os seus anos na alcaldía, destacando a lealdade institución con Portos de Galicia. Por outra banda, quixo tender a man ao novo executivo para conseguir a mesma colaboración.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/total_colas_pte_portos_goritas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/total_colas_pte_portos_goritas.mp4{/flowplayer}