Arranca a 60 edición da Festa do Albariño

    albarino_iniciocopy.jpgCAMBADOS> Como cada ano, desde a Policía Local preparan un amplo Plan de Seguridade para garantir que todo saia segundo o previsto.

    {flowplayer}images/salnes/ALBARINO_310712.flv{/flowplayer}

    Adegueiros preparando os seus stands e acondicionando o Paseo da Calzada, estradas cortadas e grandes atascos. Esta é a imaxe do día en Cambados, día no que comeza a Festa do Albariño que vai xa pola súa sesenta edición.

    Para garantir que todo saia segundo o previsto, como é habitual, desde a Policía Local deseñaron un amplo Plan de Seguridade. E é que o obxectivo destas restricións á circulación é para evitar colapsos na vila e garantila seguridade dos peóns.

    Ante todo isto saímos tamén á rúa para preguntarlle ós cambadeses como viven estes días de Festa. Aínda que houbo opinións para tódolos gustos a maioría confesaron estar acostumado.

    Lembrarlles que mañá será inauguración oficial dos stands situados no Paseo da Calzada á unha do mediodía e pola noite terá lugar o concerto de Julio Iglesias.

    Redacción Salnés