Os pais do colexio de Carril pelexarán polo autobús de retorno

    VILAGARCÍA> Os pais do colexio de Carril seguen á espera dunha reunión coa Delegación Territorial de Educación da Xunta. Hoxe volveron reclamar a posta en marcha dunha liña de autobús ás 2 e cuarto, que permita aos fillos de preto de 30 familias comer nas súas casas. Cunha concentración ás portas do centro de Carril, as familias volveron reclamar a posta en marcha dunha nova liña de autobús. No mes de decembro, e tras varias mobilizacións dos pais, a Delegación de Educación da Xunta en Pontevedra decidía ampliar o comedor da escola. Unha medida que evita a creación dunha segunda quenda neste servizo, pero que non atende á demanda máis antiga dos pais: un autobús que lles permita comer nas súas casas. Por iso insisten en pedir un encontro co Delegado de Educación en Pontevedra. Unha reunión para trasladarlle as súas reclamacións para favorecer a conciliación familiar e laboral. Polo de momento, continuarán coas mobilizacións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/protesta_pais_carril_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/protesta_pais_carril.mp4{/flowplayer}