20 millóns para que os viticultores cobren as uvas desta colleita

    SALNÉS> As adegas galegas serán avaladas polas Xunta para que poidan pagar en tempo en forma ós produtores que lles surten as uvas. O consello da Xunta aprobou esta mañá unha liña de financiamento que se eleva a 20 millóns de euros coa que pretenden garantir que nesta campaña, ningún viticultor quede sen cobrar as uvas que vende, un problema denunciado en reiteradas ocasións por produtores e sindicatos, e que parece que cando menos para este ano, terá solución.
    As consellerías de Economía e Industria e Medio Rural, sociedades de garantía recíproca e entidades financeiras colaborarán para poñer en circulación 20 millóns de euros cos que aportar liquidez a pequenas e medianas adegas nesta vendima.
    O obxectivo: permitirlles que conten cos recursos económicos suficientes para pagar en tempo e forma ós viticultores que lles surten uva nesta campaña.Cada adega poderá optar a unha achega máxima de dous millóns de euros. O importe concederase en función do volume da adega e da cantidade de produtores que traballen para ela. Para garantir as operacións, as sociedades de garantía recíproca avalarán o 20% da cantidade concedida, mentres que o Igape ofrecerá un reaval para cubrir o 25% do risco que asuman as adegas.
    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/vendimaavais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/AXUDAS_VENDIMA_CONSELLO_XUNTA.mp4{/flowplayer}