![]()
PONTEVEDRA> Representantes e delegados dos traballadores péchanse no edificio da Xunta ante o ‘silencio cómplice’ do goberno galego.
{flowplayer}images/salnes/CONSELLO_XUNTA_ALFAGEME_010812.flv{/flowplayer}
Hoxe remataba o prazo dado pola representación sindical de Alfageme para que o goberno galego se pronunciase sobre o desbloqueamento dos avais do IGAPE. Agardaban que o fixera na reunión do consello da Xunta desta mañá. Pero rematada a xuntanza nada trascendeu ó respecto e a paciencia dos traballadores comeza a esgotarse. Consideran que o Executivo galego está a manter un silencio cómplice para forzar a subhasta de Alfageme. Aseguran sentirse enganados, e nun intento por facer presión, esta mañá iniciaban un peche sorpresa nas instalacións que a Xunta ten en Pontevedra. ————- O peche producíase logo de manter unha nova reunión co grupo El Consorcio, a terceira en dúas semanas. Esixen unha resposta clara do conselleiro de Industria, Javier Guerra, sobre o futuro de Alfageme.
E parece que ese pago dos avais se vai realizar, cando menos así o aseguran desde a CIG, pero non para dar viabilidade á adquisición por parte de El Consorcio.
Mentres o tempo corre na contra de Alfageme e pesa sobre ela a sombra da subhasta. Onte remataba tamén o prazo concedido pola administración concursal á consellería de Industria para a execución dos avais. Ó non cumprirse, os administradores presentaron no rexistro mercantil o escrito co que se dá luz verde á tramitación da poxa por Alfageme.
Redacción Salnés











