Nace a plataforma ‘Hoxe por Pablo, mañá por ti’

    plataformaaxudapablo100.jpg PADRÓN> O exemplo da pequena Paula serviu como inspiración para a constitución dunha plataforma para axudar a Pablo, un neno con distrofia muscular.

    {flowplayer}barbanza/plataformaaxudapablo.flv{/flowplayer}
     
    A vida de Pablo non é, nin moito menos, como a de calquera outro neno de once anos. A enfermidade dexenerativa que padece obrígao a depender dunha cadeira de rodas para desprazarse e dous seus pais para realizar calquera tarefa cotiá.
     
    Ante a falla de finamciamento público vén de constituírse a plataforma ‘Hoxe por Pablo, mañá por ti’ a través da cal se recadarán fondos para adaptar os accesos e o baño da vivenda e mercar unha cadeira de rodas eléctricas e unha grúa.
     
    Actividades benéficas
     
    A partir do mes de setembro organizaranse varios festivais benéficos, campañas de recollida de tapóns e outras accións solidarias encamiñadas a reunir os trinta mil euros precisos para axudar a Pablo.
     
    Mentres tanto, Pablo, alleo á expectación que desatou o seu caso, xoga a construír trens e vías de plastilina, vías como as que a partir de agora se abren para procurarlle unha mellor calidade de vida.
     
    Redacción Barbanza