Concello e Policía Local achegan posturas para solucionar o conflito

    conflitopolipobra_100_090408.jpgPOBRA > O alcalde da Pobra confía en acadar proximamente unha solución ó conflito que, dende hai meses, enfronta ó executivo coa Policía Local.

    {flowplayer}barbanza/conflitopolipobra.flv{/flowplayer}

    Isaac Maceiras mantivo este luns unha reunión cos sindicatos na que acordaron a reposición do cadro de vacacións existente. A xuntanza supón un paso adiante para normalizar a situación da plantilla da policía local da Pobra, con practicamente a totalidade dos axentes de baixa por mor dunha serie de desavenencias xurdidos coa xefatura do corpo e mailo propio concello.

    A orixe do conflito semella estar no cadro das vacacións deseñadas polo executivo que, ó estar incluídas nos meses de verán, non contemplaban dez días libres a maiores. A negativa a concederlles estes días de libranza, sumada á suposta falta de medios denunciada polos axentes e mesmo a situación de acoso laboral que dicían ter que soportar no seu traballo levaron a doce dos catorce policías a solicitar a baixa médica.

    Reposición do cadro de vacacións

    Trala reunión na que se acordou a reposición do cadro de vacacións tal e como estaba, sen os dez días a maiores, o alcalde pobrés confía en que os axentes se incorporen de novo ó seu posto.

    Con respecto ás demais reivindicacións da policía, Isaac Maceiras insistiu na impostante dotación de medios de que dispón este corpo cunhas novas instalacións dotadas da última tecnoloxía.

    O alcalde da Pobra quixo resaltar ademais o bo labor dos policías auxiliares contratados para cubrir as baixas destacando a súa profesionalidade. Esa mesma profesionalidade e o cumprimento do seu deber é o que lle esixe Maceiras ós axentes que conforman a plantilla da Policía Local da Pobra.

    Redacción Barbanza