O PSdeG presenta este venres na Pobra o seu documental polos 20 anos do Prestige

POBRA> Despois de facer a súa estrea oficial en Muxía hai uns meses coincidindo co 20 aniversario da catástrofe do ‘Prestige’, o PSdeG presentará este vindeiro venres na Pobra o documental ‘Prestige, 20 anos despois’ realizado polo propio gabinete de comunicación do partido. Será nun acto ás sete e media da tarde no Teatro Elma.

Trátase dun documental de aproximadamente 40 minutos de duración, estruturado en tres bloques: un describe a catástrofe e a forma en que se xestionou.

A continuación abórdase reacción social e a vaga de solidariedade que xerou e, por último, as leccións que a catástrofe nos deixou. Trala proxección, desenvolverase unha charla coloquio, na que intervirán varios dos protagonistas do vídeo, como é o caso do expatrón maior da Pobra Manuel Maneiro ou a bateeira e presidenta da asociación Mulleres Salgadas, Dolores Gómez, entre outros.

A intención do partido é presentar o documental noutras vilas da ría de Arousa. Unha vez rematadas estas presentacións publicarase na propia canle de youtube do PSdeG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí