Volven as concentracións ó centro de saúde de Rianxo

RIANXO> Despois de varios anos, e reiteradas promesas incumpridas, os veciños de Rianxo retomaron onte martes as concentracións diante do centro de saúde para demandar melloras na atención primaria que se presta neste centro.

Na mobilización tomaron parte medio cento de veciños que volveron a reclamar a cobertura das prazas de médicos ó 100% e a recuperación do reforzo de pediatría, pero principalmente por a  dotación do PAC a tempo completo.

O caso de Rianxo non é un caso alleo á problemática que existe en toda a área de Barbanza.

Dende a Plataforma tamén valoraron moi positivamente a mobilización multitudinaria celebrada este pasado domingo en Compostela, xa que é a única fórmula para conseguir que se lles escoite.