Bernabé Piñeiro postúlase tamén coma candidato do PSOE a alcaldía noiesa

NOIA> Bernabé Piñeiro postúlase como candidato do PSOE de Noia á alcaldía. O actual edil de Seguridade deberá medir forzas co candidato proposto pola executiva local do partido, Miguel Paz. As primarias celebraranse o vindeiro día 20, data ata a cal aínda está aberto o prazo para a presentación de novas candidaturas.