![]()
PONTEVEDRA> O padexeiro de Cangas xunto ó alcalde da localidade Enrique Sotelo, visitou hoxe a Deputación de Pontevedra, onde o presidente provincial desexoulle a mellor sorte do mundo nos Xogos Olímpicos. Cal aspira a converterse no deportista español con máis medallas olímpicas da historia.
{flowplayer}images/salnes/CalXogosOlimpicos_020812.flv{/flowplayer}
Xa aterrou en Londres David Cal, fíxoo esta tarde. Antes, como de costume, despedida na Deputación de Pontevedra, xunto ó Presidente Rafael Louzán. O padexeiro de Cangas aspira nestes Xogos a converterse no deportista español con máis medallas da historia. Ata o momento atesora catro, as mesmas que Joan Llaneras e Arantxa Sánchez Vicario. A diferencia de Atenas e Pekín, Cal participará únicamanete nunha proba, o C-1 1000 metros, onde deberá medirse ó seu gran rival, o húngaro Attila Vajda.
O seu adestrador Suso Morlán amósase optimista. Sabe que o seu pupilo está a un paso de facer historia no deporte español.
Pola súa parte o presidente da Deputación, Rafael Louzán deulle folgos a Cal de parte de tódolos pontevedreses.
A competición para David Cal arrancará o día 6 de agosto, coas eliminatorias que darán acceso ás semifinais. Os catro mellores tempos de cada quenda pasarán á final, que se celebra o día 8 e na que agardemos, esté presente o padexeiro de Cangas.
Redacción Salnés








