Noia acollerá este domingo a Travesía Solidaria entre Testal e o Freixo

NOIA> A proba, organizada conxuntamente pola asociación ADECO-DEA e o Concello, busca promover o deporte adaptado

Esta mañá presentábase no concello noiés a dezanove edición da Travesía a Nado Solidaria entre o porto de Testal e O Freixo. Todo un clásico nas actividades deportivas de verán no municipio. A proba, que terá lugar este vindeiro domingo 15 de agosto, está organizada pola asociación ADECO DEA e o propio Concello. Arrancará a partir das dez da mañá e, como se incide dende a organización, non terá un afán competitivo, senón o que se busca é promocionar o deporte adaptado.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web galitiming.com. A cota da inscrición é de dez euros e a organización limitou a participación a un total de 75 nadadores debido á actual  situación covid,

Dende a organización agradeceron ás distintas casas comercias e entidades colaboradoras o seu apoio a esta proba, xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder levala a cabo.