A CETS considera moi negativos os resultados de xullo

    SANXENXO> O turismo cae 8 puntos en Sanxenxo con respecto a 2011.

    {flowplayer}images/salnes/OcupacionSanxenxo_020812.flv{/flowplayer} 

    O turismo cae tamén en Sanxenxo que non se salva da crise. Segundo a CETS a ocupación hoteleira durante o mes de xullo foi do 57%, case 8 puntos menos ó mesmo período en 2011. Datos moi preocupantes segundo o seu preszidente Francisco González. 

    Á mesma caída mantense con respecto ós datos de consumo que rexistra un novo mínimo nos últimos anos. Os asociados enquisados, valoran o consumo dos turistas en xullo cun aprobado raspado, un 2,98 sobre 5 puntos, medio punto menos que en 2011. Dende a CETS consideran estes datos como moi negativos aínda que acordes ós tempos que corren.

    Con todo, agardan que o mes de agosto non sexa tan negativo. Iso sí, non salvará a campaña estival.

    Redacción Salnés