Noia acollerá o 27 de febreiro a primeira proba da Copa Galega de Andainas

NOIA> A cita está organizada polo Club Trabandainas en colaboración co concello de Noia e a Federación Galega de Sendeirismo.

Noia acollerá o vindeiro domingo 27 de febreiro a primeira das probas da Copa Galega de Andainas de 25 quilómetros. A cita está organizada polo Club Trabandainas, en colaboración coa concellería de Deportes e a Federación Galega de Sendeirismo. A saída está prevista ó redor das nove da mañá dende o Instituto Campo de San Alberto.

Como novidade realizaranse ademais dous percorridos alternativos de oito e quince quilómetros, cun nivel medio e baixo, para atraer a un maior número de participantes.

Dende a organización agardan chegar ós 500 participantes, sumando as tres probas. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro xoves 24, a través da páxina web cronocheck.com.