A ampliación da rampla de Meloxo estará lista a primeiros de outono

    rampameloxo copia.jpg O GROVE> Segundo Portos de Galicia, para esa data podería estar redactado tamén o proxecto básico de ampliación do dique de abrigo.

    {flowplayer}images/salnes/RAMPA_DESCARGA_MELOXO.flv{/flowplayer}

    Principios do outono. Esta é a data que Portos de Galicia se marca para rematar as obras de ampliación da rampla de descarga de Meloxo. Segundo explicou o presidente do ente público, a actuación está avanzando a bo ritmo, e nestes intres xa están colocados a maior parte dos bloques que permitirán aumentar en vinte e cinco metros de longo esta infraestrutura.

    Cara esa data tamén calculan en Portos que podería estar rematada a redacción do proxecto básico de ampliación do dique de abrigo, a seguinte actuación que Mar proxecta neste peirao.

    Á falta de trámites pendentes, José Juan Durán estima que esta obra se podería licitar a principios do vindeiro ano.

    Redacción Salnés