Mar asina convenios con once confrarías da Arousa

    VILAGARCÍA> A Consellería destinará 1 millón de euros a vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros.

    {flowplayer}images/salnes/ConveniosConfrarias_080812.flv{/flowplayer} 

    Medio Rural e Mar destinará máis dun millón de euros á vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros da Ría de Arousa. As í confirmou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, que esta tarde asinou varios convenios de colaboración con 11 confrarías da Ría de Arousa.

    Dentro dos convenios asinados hai 2 tipos de acordos. Un deles ten por obxecto o control de acceso ás zonas de pesca. Para iso contémplase a realización de actividades de conservación, protección e sustentabilidade dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies. O segundo dos acordos vai encamiñado a mellorar a xestión das zonas de produción.

    Os acordos asinados presentan a novidade de priorizar a aquelas entidades que se comprometeron mediante acordo entre as partes a mancomunar os servizos de vixilancia e asistencia técnica co fin de optimizar os recursos e deste xeito mellorar o seu funcionamento.

    Por outra banda, Juan Maneiro quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ás confrarías en canto ó problema do furtivismo. Di que están a traballar para que sexa considerado un delito.

    Redacción Salnés