Nacen as Xuventudes Socialistas de Cambados con Ismael Agra á fronte

    ismaelagra copia.jpg CAMBADOS> O colectivo conta polo momento con seis membros e xorde coa vontade de traballar por unha mocidade ‘crítica e participativa’.

    {flowplayer}images/salnes/XXSS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Preséntanse como un grupo de mozos comprometidos cos valores da igualdade e a liberdade e coa vontade de dotar a Cambados dunha mocidade crítica e participativa. A agrupación das Xuventudes Socialistas cambadesa terá á fronte a Ismael Agra, un rapaz vinculado ó PSOE desde que era un neno.

    Xunto a el, outros cinco mozos integran polo de agora as Xuventudes Socialistas de Cambados. Aseguran estar dispostos a comezar a traballar de contado no ‘cambio’ que precisa o municipio. E xa teñen claro por onde comezar.

    Tamén lles preocupa o paro xuvenil. Para resolvelo piden entre outras medidas que se cree un viveiro de empresas ou que se amplíe a oferta de estudos dos dous institutos municipais. Non perden de vista demandas como a recuperación do servizo de Noitebús, pero a curto prazo, a prioridade será facer chegar ós mozos de Cambados a mensaxe dos socialistas e do seu candidato ás eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro.

    Redacción Salnés