Condes de Albarei dá a benvida a vinte novos socios

    socios_condesalbareicopy.jpgBAIÓN> O acto tivo lugar en Pazo Baión. Estas novas incorporacións permítelles á Cooperativa contar con preto de 400 socios a día de hoxe.

    {flowplayer}images/salnes/COOPERATIVISTAS_CONDES_090812.flv{/flowplayer}

    Vinte novos socios forman parte xa da Cooperativa Condes de Albarei. Isto fai que a día de hoxe, a adega conte con preto de catrocentos cooperativistas e o mesmo número de hectáreas de viñedo. Esta mañá o Consello Reitor deulles a benvida en Pazo Baión.

    As producións destes novos socios xa serán procesadas este ano despois de ser sometidas a un rigoroso control por parte dos técnicos da adega. Isto permitiralles afrontar mellor esta campaña dado que en Condes de Albarei agardan menos dun 50% con respecto ó 2011.

    Estes novos cooperativistas enmárcanse dentro do Plan de Admisión de Condes de Albarei dos últimos tempos. Todos eles tiveron que cumprir unha serie de requisitos, entre eles: telas parcelas inscritas no Rexistro Vitícola, adheridas ó Consello Regulador, estar na subzona do Salnés e ter a lo menos cinco ferrados.

    Polo de agora, informaron desde a adega, están abertos á incorporación de novos socios sempre e cando cumpran estas condicións.

    Redacción Salnés