Seguen os contactos entre Xunta e Clesa para rescatar a firma láctea

    CLESA160511 copia.jpg CALDAS> O director do IGAPE mantivo unha nova xuntanza cos traballadores da planta caldense para informalos dos avances do gabinete xurídico da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_IGAPE_CLESA.flv{/flowplayer}

    Todos estas cuestións están supeditadas á aprobación nos vindeiros días da entrada en concurso de acredores e ó nomeamento dos administradores concursais, tal e coma informou o director do IGAPE. Mentres tanto, Joaquín Varela informou ó Comité de Empresa de Clesa que xa contan cun borrador de informes sobre a posible evolución do concurso.

    Nesta liña de traballo, o director do IGAPE reiterou o seu compromiso na procura da opción máis sólida para manter a viabilidade da planta. Para iso, sinalou, serán fundamentais os contactos cos administradores.

    En segundo termo, Varela transmitiulle ó Comité o contido da xuntanza que mantiveron a semana pasada con directivos da fábrica de Saiar. Segundo informou, desde a empresa traballan con dúas posibilidades: a presentación dun convenio de acredores e a venta da mesma.

    Pola súa banda, a presidenta do Comité, Dolores Ramos, agradeceu a axuda que lle están brindando desde as diferentes administracións e asegurou que van seguir loitando para garantir o futuro da planta.

    Redacción Salnés