Un acordo in extremis remata ca folga da alimentación

     SALNÉS> Os supermercados e pequenas tendas de alimentación abrían hoxe as súas portas con normalidade logo de que onte a última hora…

    {flowplayer}images/salnes/suspension_folga_alimentacion.flv{/flowplayer}

    … da noite se desconvocase a folga prevista para esta Semana Santa. Os representantes dos traballadores chegaron a un preacordo na xuntanza mantida en Vigo cos representantes das grandes cadeas de alimentación en Pontevedra en virtude do que se establece un incremento do salario do 0.25 % para este ano e no seguinte que no ano 2015 ascenderá ata o un por cento.

    Para os sindicatos este é un bo acordo xa que proporciona que o comercio da alimentación siga contando co seu propio convenio e non teña que valerse do xeral dos traballadores que merma sensiblemente as condicións de tódolos traballadores.

    Con esta solución os supermercados que non contan con convenio propio como son Froiz, Lidl, Gadis, Hiperxel ou Moldes atallan unha folga que se prevía que ía a supoñer un desfalco para as súas arcas nunha semana especialmente significativa en ventas coma esta e cun seguimento dos paros de en torno ó 80 % nalgúns centros.

    Redacción Salnés