O Concello retira o recheo de terra feito polos donos do Boavista

    boavista_100_090207.jpgSANXENXO > Á segunda si. O Concello de Sanxenxo puido hoxe actuar no edificio Boavista de Portonovo e retirar o recheo

    … de terra realizado polos donos. A Xerencia Municipal de Urbanismo ordenara en 2005 paralizar a obra por carecer de licenza municipal. A finais do pasado ano a propietaria impediulles a entrada, pero nesta ocasión o goberno local contaba cunha autorización do Xulgado.

    boavista_200_090207.jpgO Concello de Sanxenxo procedeu esta mañá a retirar o recheo de terra realizado entre o Edificio Boavista, situado en Baltar, en Portonovo, e a propiedade colindante. O expediente contra esta obra realizada polos donos do edificio iniciouse en outubro de 2005 por unha resolución da presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo. Daquela ordenouse a paralización das obras en execución sen licenza, tras un informe da Policía Local. O recheo levouse a cabo entre a propiedade de Irene Díaz Cabana e a lindante, producindo unha alteración da rasante natural do terro, que en principio se considerou que podería tratarse da montaxe dunha estructura para o forxado do piso.

    O Concello concedéralles prazo para legalizar a construcción ou en caso de ser ilegalizable demolela. Ó non tomaren ningunha medida, o goberno local ordenou a proposta de derrube, concedendo outro prazo de execución que tampouco se levou a cabo. Por iso en agosto de 2006 a Xerencia de Urbanismo dictou a execución subsidiario por parte do Concello. A propietaria presentou recurso, que foi desestimado, e en decembro cando o Concello ía executar o derrube impediulle a entrada á propiedade. Neste segundo intento, o goberno local xa contaba cun auto de autorización de entrada, emitido a finais de xaneiro polo Xulgado do Contencioso Administración de Pontevedra.

    Redacción Salnés