Floreano e Monchiña lánzanse á aventura percorrendo a Variante Espiritual

CAMBADOS> Floreano e Monchiña, as célebres personaxes de Gogue volven lanzarse á aventura da man da Mancomunidade do Salnés. Desta volta, percorrendo a Variante Espiritual, nun novo vídeo promocional. A campaña está dirixida en especial a un público de proximidade, coa vista posta tamén en novas actividades da man dos centros educativos.

A Variante Espiritual do Camiño Portugués e o novo reto ao que se enfrontan Floreano e Monchiña. Eles son os protagonistas da nova campaña promocional deste itinerario, impulsada pola Mancomunidade do Salnés. Agora lánzanse a polo visitante de proximidade, cunha campaña pensada para o público da casa.

No organismo comarcal entenden que a Variante é un dos produtos máis atractivos da comarca, de aí que conte cunha campaña propia.

Para a creación deste vídeo 3D, Gogue e Jorge Costas uniron o seu traballo. Unha experiencia, din, na que se entenderon en todo momento.

Esta campaña, por certo, xa foi criticada polo alcalde de Vilanova polo que el considera escaso alcance que tivo dende que se difundiu por primeira vez en Fitur, no mes de xaneiro. A presidenta comarcal aproveita para indicar que daquela só foi presentada, pero que é agora cando se pon en marcha.

E dentro dese traballo, inclúense tamén varias actividades cos escolares da comarca, co obxectivo de que os centros aproveiten as potencialidades da Variante Espiritual para desenvolver novas actividades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí