MEAÑO > Ás 6 e 34 minutos deste xoves dábase o aviso dun accidente no lugar de Vilinquín, no concello de Meaño. José Manuel Sabugeiro Regueiro, traballador da empresa de instalación de tendidos eléctricos, Moncosa, asentada no polígono da Caeira, morría electrocutado cando traballaba nunha liña da estrada de Dena. Anque ata o lugar dos feitos se achegou rapidamente o 061, xa nada se puido facer pola súa vida. Tiña 32 anos.
O falecido, veciño das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña manipulaba un cabo de alta tensión. Segundo algúns veciños o cabo era duns 3.600 voltios, unha forza eléctrica que o deixou fulminado, se ben o cadáver non quedou carbonizado. A xuíza levantou o corpo arredor das oito e cuarto da tarde despois de que se persoaran Garda Civil, Protección Civil e mailo 061. Estes últimos sen que puideran ter feito nada xa pola súa vida. Ata o lugar do tráxico accidente laboral achegáronse tamén varios compañeiros de traballo.
Redacción Salnés