Sanxenxo comeza a celebración dunhas festas patronais que durarán 13 días

SANXENXO> Sanxenxo xa está de festas. O concello deu este mércores o chupinazo de saída as súas festas patronais. Serán 13 días de música, cultura e diferentes eventos e espectáculos nos que se inclúen, entre outros, a feira da cebola e os actos en honra de Santa Rosalía e a Virxe do Carme.

O concello de Sanxenxo xa está de festas. Esta mañá o alcalde deu o chupinazo de saída as súas festas patronais. Tras este acto, a música xa comezou a inundar as rúas de Sanxenxo.

As festas comezan este mércores pero non rematan ata o día 5. Serán preto de dúas semana de música, cultura e numerosas actividades e eventos.

Dende o primeiro momento no que comezou as festas, numerosas persoas se achegaron a gozar do grupo Xeración Perdida.

Os visitantes e veciños prepáranse para gozar dos diferentes eventos. Cada un xa ten as súas preferencias.

Veciños e turistas gozaron do primeiro día das festas que se completa coas actuacións da Asociación Cultura Abiñadoira e coa actuación de Benditos Malditos y Carlos García Boente como tributo a Sabina.  Por diante quedarán 12 días máis de festas que inclúen a sardiñada do día do turista, a feira da cebola, orquestras e os actos en honra de Santa Rosalía e a Virxe do Carme entre outras.