A escola infantil do Mosteiro, en Meis, contará cunha nova aula e máis prazas de 0 a 3 anos

MEIS>  A escola infantil do Mosteiro, en Meis, contará cunha nova aula. Esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra e a alcaldesa do municipio asinaron un convenio para  a posta en marcha deste proxecto, que contempla tamén a mellora da eficiencia enerxética de toda a escola. Terá un investimento de case medio millón de euros, dos que a Deputación achegará o 85% e o concello, o resto.

O presidente da Deputación de Pontevedra continúa coa súa rolda de visitas institucionais aos concellos da provincia. Hoxe foi a quenda do de Meis, onde Luis Lopez asinou coa alcaldesa un convenio para a mellora da eficiencia enerxética e ampliación da escola infantil do Mosteiro.

O proxecto achégase ao medio millón de euros, dos que a Deputación achega o 85% e o concello o 15 restante. A alcaldesa de Meis explica que se trata dunha reivindicación das familias e do profesorado. Implicará, ademais, a creación de máis prazas de 0 a 3 anos.

Marta Giráldez apuntou que nun concello pequeno como Meis a colaboración da Deputación é fundamental. Avanzou a rexedora reunións con deputados provinciais de distintas áreas para poñer sobre a mesa novas necesidades.

E lembra Giráldez que a maior parte das obras que se fan en Meis contan con fondos provinciais.