Os olímpicos pontevedreses reciben unha merecida homenaxe

VIGO> Ás cinco da tarde aterraban en Peinador os olímpicos pontevedreses. Despois dun baño de masas no aeroporto, autoridades e deportistas dirixíronse ó Náutico de Vigo, onde se lles rendeu unha merecida homenaxe a Támara Echegoyen, David Cal, Begoña Fernández, Javier Gómez Noya e Teresa Portela.

{flowplayer}images/salnes/DavidCalRecepcion_130812.flv{/flowplayer} 

Varios centos de persoas quixéronse achegar esta tarde ata o Real Club Náutico de Vigo onde se lles deu a benvida e unha merecida homenaxe ós olímpicos pontevedreses que tan bos resultados acadaron en Londres. Foi un acto preparado pola Deputación de Pontevedra, no que tamén estivo o seu presidente Rafael Louzán, acompañado de autoridades locais e do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta José Ramón Lete.

Tódolos deportistas atenderon pacientemente ós numersos afeccionados que se agolpaban ante eles para pedirlles fotografías e autógrafos.

A primeira medalla en desfilar polo Náutico foi a de David Cal, prata en piragüismo. O padexeiro de Cangas foi dos máis aclamados polo seu hito conseguidos, esas cinco medallas olímpicas que o converten no deportista español máis laureado de tódolos tempos.

Protagonismo femenino tamén, sobre todo para Támara Echegoyen, ouro en Match Race. Tamén levouse moitos bicos e abrazos Begoña Fernández, bronce coa selección femenina de balonmán. Non faltou Teresa Portela, que na súa cuarta participación nuns Xogos volveuse a quedar ás portas do metal tras quedar cuarta no K-1 200.

O último en chegar, pero non por iso menos querido, o ferrolán pero pontevedrés de adopción, Javi Gómez Noya, prata no triatlón.

Redacción Salnés