O Presidente do Liceo Casino anuncia a súa dimisión ó cargo

    alfonso_saavedracopy.jpgVILAGARCÍA> Alfonso Saavedra confesou que o fai por motivos persoais e laborais e que deixa a sociedade coa conciencia moi tranquila.

    {flowplayer}images/salnes/DIMISION_SAAVEDRA_LICEO.flv{/flowplayer}

    Aínda que por sorpresa a finais do pasado mes de xullo un grupo de socios presentaba unha moción de censura contra a actual xunta directiva do Liceo Casino de Vilagarcía, isto non foi o que motivou que onte, o aínda presidente da sociedade, Alfonso Saavedra, anunciase a súa dimisión despois de dous a nos e medio de mandato. Cando menos así o asegura el. Motivos laborais é o que o levou a tomar esta decisión.

    O feito de que xa estea zanxado o proxecto do Porto tamén pesou na decisión de Saavedra. E é que onte tamén se coñeceu a renuncia definitiva á zona de terra, onde se ía construír a nova sede, e á lámina de auga, cedida agora a unha empresa de barcos.

    Agora, a dimisión farase efectiva o 31 de agosto, data na que está previsto a celebración da asemblea extraordinaria de onde sairá o novo presidente da sociedade. Polo de agora, descoñécense posibles candidatos. Saavedra só agarda que os que presentaron a moción de cesura teñan un candidato responsable que saiba tomar decisións.

    Alfonso Saavedra xa anunciou que non acudirá a dita asemblea e tampouco formará parte de ningunha xunta directiva neste mandato.

    Redacción Salnés