![]()
CATOIRA > Este domingo arranca a temporada de piragüimo coa disputa do Campionato Galego de Inverno, en Castrelo de Miño. Varios equipos da comarca do Salnés parten coma favoritos para alzarse co título, entre eles o Club As Torres de Catoira, actual campión.
{flowplayer}images/salnes/piraguismo_140208.flv{/flowplayer}
As Torres Romaría Vikinga comeza un dos seus anos máis complicados, non porque partan con desvantaxe con respecto os rivais, senón porque o acadado na temporada anterior pónllelo listón ben alto. Eles sen embargo non se queren presionar; continúan coa filosofía de equipo humilde que tan bos resultados lles deu ata o de agora.
Esta fin de semana disputarase o Campionato Galego de Inverno en Ourense, concretamente en Castrelo de Miño. Alí participarán os mellores equipos da rexión en categorías cadete, junior e senior. A recuperación de tres pesos pesados coma Ismael Pesado, Rubén Tobío ou Natividad Busto fan aínda se cabe máis forte a este club.
Dos resultados que acaden o domingo depende a participación dos padexeiros nos vindeiros Campeonatos Nacionais, que se disputarán en Sevilla os días 8 e 9 de marzo. Esta primeira proba servirá para ver como están as forzas duns e outros; dous deles xa demostraron que está ben, hai dúas semanas na proba internacional de Pas de Calais, As Torres e o Kayak Tudense.
O Breogán do Grove é unha das maiores incógnitas despois da seria reestructuración que sufríu nas últimas datas.
Redacción Salnés






