RIBADUMIA> O fútbol de veteranos move a milleiros de afeccionados e futbolistas, xa entrados en anos. Un dos equipos que mellor temporada ven de completar na liga de Pontevedra foi O Santiaguiño, de Ribadumia, que acadou o ascenso a quinta división no seu primeiro ano de existencia.
{flowplayer}images/salnes/PartidoVeteranos_220413.flv{/flowplayer}
A falta de sete partidos para o remate da liga, O Santiaguiño de Ribadumia acadou o seu ascenso á quinta división. Un ascenso merecido logo dunha campaña na que practicamente non cederon puntos. Este pasado sábado celebraban a súa promoción, acadada hai tres semanas, diante da súa numerosa afección, no campo de Leiro. Fixérono con victoria, por 4-1 ante os seus veciños do Armenteira.
Antes do inicio do partido houbo tempo para facerlle unha homenaxe a un dos seus xogadores, lesionado no último partido.
Por diante aínda quedan cinco partidos esta temporada no que tentarán darlle caza ó líder o SRG Informática de Valga, que os aventaxa en tres puntos. A semana que ven terán que visitar ó Vilalonga, que é cuarto na clasificación. Malia que o obxectivo a curto prazo é ser primeiros, a vista xa está posta na vindeira temporada.
Modesto Blanco destaca o bo ambiente que se respira no vestiario de O Santiaguiño, que celebran case tantas comidas e ceas como partidos xogan. Sinalan a importancia vital que teñen as mulleres dos futbolistas, pola súa labor tanto na cantina que instalan no campo de Leiro como polo seu apoio incondicional sábado tras sábado.
Redacción Salnés