Presenta a primeira aplicación móbil de Europa sobre clubs náuticos

    aplicacion_mobilcopy.jpgPORTONOVO> Ó acto, que tivo lugar no Porto Deportivo de Portonovo, asistiu a Secretaria Xeral para o Turismo. A ferramenta foi posta en marcha por ASNAUGA.

    {flowplayer}images/salnes/GUIA_NAUTICA_SMARTPHONE.flv{/flowplayer}

    Dentro do marco de colaboración existente entre a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia e a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia vense de presentar a primeira aplicación gratuíta para teléfonos móbiles que inclúe todo tipo de información relacionada cos clubs e portos deportivos de ASNAUGA. Trátase da primeira existente en Europa e nela poderemos atopar desde datos de localización, pasando por información meteorolóxica ou turística.

    No acto tamén foron presentados uns tótems, uns paneis informativos táctiles que se situarán nas estacións náuticas de Galicia e que ofrecerán os mesmos servizos que a aplicación móbil. Merece unha mencións especial a posibilidade de facer, a través de cada unha destas ferramentas, reservas online a tempo real.

    Con todo, a Secretaria Xeral para o Turismo amosouse especialmente satisfeita con estas iniciativas xa que son, dixo, a maneira máis efectiva para promocionarse.

    A Asociación de Clubs Náuticos de Galicia está composta por 25 estacións náuticas e foi fundada en 2003.

    Redacción Salnés