O BNG acusa de trato de favor ó Concello cambadés polo Pinal da Maza

    CAMBADOS> De novo un día máis, a finca de Pinal da Maza volve a estar no punto de mira do BNG de Cambados;

    {flowplayer}images/salnes/bng_cambados.flv{/flowplayer}

    … tras levar desde o mes de marzo pedindo explicacións sobre a conversión deste monte en finca de albariño. Estas aclaracións aínda non chegaron e ás que lle deron, aseguran que son incertas.

    O Voceiro do BNG cambadés, Victor Caamaño pon o énfase en que aínda o Concello está intentando legalizar esta obra, seis meses despois de que comezarán as actuacións de movemento de terra. Caamaño reitera que esta actuación está fóra da legalidade e que tanto a Secretaría Xeral de Urbanismo como o Concello de Cambados estana deixando pasar por ser promovida pola muller, a cuñada e o sobriño do subdelegado do goberno da Xunta en Pontevedra e exalcalde de Cambados, José Manuel Cores Touris, e sospeitan que poderían estar metidos tamén outros persoeiros do PP.

    Estes nacionalistas aseguran que non van a deixar que morra o conto; agardan aínda as explicacións sobre a moción que presentaron ó pleno municipal e tamén as que presentaron ante o Parlamento Galego.

    Redacción Salnés